INFORMACIÓN SOBRE O GRUPO

A banda de gaitas Areas Folk ten a súa orixe na parroquia de Areas, pertencente ao concello de Ponteareas, unha zona que goza de gran tradición no relativo á música tradicional.

Esta banda fúndase no ano 2014 cun obxectivo moi claro: lembrar a música practicada polos nosos antepasados e renovala sen perder ese toque propio que ten a música do noso país. Para iso, unímonos artistas de diversas idades cun único desexo de facer música vistosa e agradable, mesturando para iso os máis diversos estilos de música tradicional cos instrumentos propios da nosa zona xeográfica.

Os membros que conforman esta banda son artistas confluentes de distintos grupos da nosa zona, que teñen no seu haber gran experiencia en todo tipo de eventos nacionais e internacionais, nos que levamos a nosa cultura por onde queira que vaiamos.

0 COMENTARIOS:

Publicar un comentario